Archivo de la etiqueta: Lectura

O venres tivemos a segunda sesión do grupo de lectura Fridakallas. Lembramos algunhas cousas da cita anterior e comezamos a ler o libro de Mª Victoria Moreno e… Observando as primeiras reaccións, penso que foi unha boa elección. Houbo moitas gargalladas. Pero tamén tiveron momentos de seriedade, mirade, mirade… Parece que lles gusta, […]

via Leonardo e os fontaneiros — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”

Anuncios

Os rapaces estanse animando a coller os libros para ler na casa, porén fixen uns pasaportes lectores. Neles queda recollido o título do libro e tamén se lle pon un selo ou un adhesivo cada vez que levan e devolven os exemplares. Cando chegan aos 6 selos… Sorpresaaaaaa! Levan un pequeno premio. Son moi xenerosa? Botádelle […]

via Pasaportes lectores — FRIDAKALLAS


O pasado venres 27 de outubro tivemos a gran sorte de presenciar a dramatización do conto “Unha pantasma con asma”. Todos, ata as pantasmas, poden chegar a contraer enfermidades, sobre todo se viven en ambientes solitarios… Pero as esceas deste conto, interpretado por unha divertida pantasma e un doutor moi profesional, recetáronnos un remedio infalible que cura…

a través de UNHA PANTASMA CON ASMA — garatuxa


Este martes 24 celebramos o Día da Biblioteca cunha “Busca do tesouro” por todo o colexio que rematou coa lectura do conto “O pirata pata de lata” na biblioteca. Ademais entregámoslle aos rapaces parte dese tesouro (só unhas moediñas) e un marcapáxinas de Frida para elaborar na clase. Tamén levaron un adhesivo da nosa mascota Frida…

a través de DÍA DA BIBLIOTECA — garatuxa


Guía turística para as 4 estacións (podedes vir “Kando Keirades”).