Archivo de la etiqueta: educación

O venres tivemos a segunda sesión do grupo de lectura Fridakallas. Lembramos algunhas cousas da cita anterior e comezamos a ler o libro de Mª Victoria Moreno e… Observando as primeiras reaccións, penso que foi unha boa elección. Houbo moitas gargalladas. Pero tamén tiveron momentos de seriedade, mirade, mirade… Parece que lles gusta, […]

via Leonardo e os fontaneiros — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”

Anuncios

Os rapaces estanse animando a coller os libros para ler na casa, porén fixen uns pasaportes lectores. Neles queda recollido o título do libro e tamén se lle pon un selo ou un adhesivo cada vez que levan e devolven os exemplares. Cando chegan aos 6 selos… Sorpresaaaaaa! Levan un pequeno premio. Son moi xenerosa? Botádelle […]

via Pasaportes lectores — FRIDAKALLAS


Para o Magosto fixemos uns bolsos/alxibeiras para levar as castañas. Era importante ter as mans libres!!!

a través de MAGOSTO — AULA MARRÓN


Ao principio de curso aproveitamos o bo tempo para aprender un pouco sobre os sinais de tráfico… Case o temos dominado!

a través de EDUCACIÓN VIARIA — AULA MARRÓN


Este martes 24 celebramos o Día da Biblioteca cunha “Busca do tesouro” por todo o colexio que rematou coa lectura do conto “O pirata pata de lata” na biblioteca. Ademais entregámoslle aos rapaces parte dese tesouro (só unhas moediñas) e un marcapáxinas de Frida para elaborar na clase. Tamén levaron un adhesivo da nosa mascota Frida…

a través de DÍA DA BIBLIOTECA — garatuxa


O pasado venres 29 de setembro tivemos unha visita moi especial no noso Centro. A través dun pequeno conto dramatizado coñecemos a verdadeira historia de Frida, a avelaíña avetureira, e cal foi a razón pola que decidiu quedarse para sempre con nós, converténdose na mascota da biblioteca. Despois desta pequena representación, os alumnos foron colocando cadanseu debuxo…

a través de PRESENTÁMOSVOS A FRIDA! — garatuxa



A %d blogueros les gusta esto: