Archivo de la etiqueta: CEE VILAGARCÍA DE AROUSA

O vindeiro venres 1 de xuño, xa non queda nada , acudirei á XI Xornada dos Clubs de Lectura. Reuniranse os coordinadores e coordinadoras dos clubs que se constituíron neste curso. Coma o noso! Nesta ocasión vaime tocar ir ata Santiago, e espero aprender moitas cousas novas. Mesas temáticas, obradoiros, comunicación de experiencias… Coido que vou […]

via XI Xornada dos Clubs de Lectura — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”

Anuncios

O próximo día 17 de abril estades tod@s convidad@s a visitar a miña casa! Si, si! Escoitáchedes ben! O cole no que vivo vai facer unha xornada de portas abertas para que, todo aquel que queira, poida ver de primeira man como somos e como traballamos () Teño que confesarvos que (palabra de avelaíña) non […]

via Xornada de portas abertas — FRIDAKALLAS


Para o Magosto fixemos uns bolsos/alxibeiras para levar as castañas. Era importante ter as mans libres!!!

a través de MAGOSTO — AULA MARRÓN


Ao principio de curso aproveitamos o bo tempo para aprender un pouco sobre os sinais de tráfico… Case o temos dominado!

a través de EDUCACIÓN VIARIA — AULA MARRÓN


O pasado venres 27 de outubro tivemos a gran sorte de presenciar a dramatización do conto “Unha pantasma con asma”. Todos, ata as pantasmas, poden chegar a contraer enfermidades, sobre todo se viven en ambientes solitarios… Pero as esceas deste conto, interpretado por unha divertida pantasma e un doutor moi profesional, recetáronnos un remedio infalible que cura…

a través de UNHA PANTASMA CON ASMA — garatuxa


Este martes 24 celebramos o Día da Biblioteca cunha “Busca do tesouro” por todo o colexio que rematou coa lectura do conto “O pirata pata de lata” na biblioteca. Ademais entregámoslle aos rapaces parte dese tesouro (só unhas moediñas) e un marcapáxinas de Frida para elaborar na clase. Tamén levaron un adhesivo da nosa mascota Frida…

a través de DÍA DA BIBLIOTECA — garatuxa


O pasado venres 29 de setembro tivemos unha visita moi especial no noso Centro. A través dun pequeno conto dramatizado coñecemos a verdadeira historia de Frida, a avelaíña avetureira, e cal foi a razón pola que decidiu quedarse para sempre con nós, converténdose na mascota da biblioteca. Despois desta pequena representación, os alumnos foron colocando cadanseu debuxo…

a través de PRESENTÁMOSVOS A FRIDA! — garatuxa



A %d blogueros les gusta esto: