Archivo de la categoría: FRIDAKALLAS

O vindeiro venres 1 de xuño, xa non queda nada , acudirei á XI Xornada dos Clubs de Lectura. Reuniranse os coordinadores e coordinadoras dos clubs que se constituíron neste curso. Coma o noso! Nesta ocasión vaime tocar ir ata Santiago, e espero aprender moitas cousas novas. Mesas temáticas, obradoiros, comunicación de experiencias… Coido que vou […]

via XI Xornada dos Clubs de Lectura — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”

Anuncios

Hoxe tiven a oportunidade de acompañar a miña compañeira Sandra Taboada (Asoc. Con Eles de Vilagarcía) á I Xornada sobre clubs de lectura fácil “Lemos Xuntos”. Foi unha xornada intensa da que traio a cabeza chea de ideas e o corazón cheo de ilusión. GRACIAS Sandra por invitarme, foi un pracer compartir contigo este día. A […]

via Lemos Xuntos: I Xornada de Clubs de Lectura Fácil — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”


O próximo día 17 de abril estades tod@s convidad@s a visitar a miña casa! Si, si! Escoitáchedes ben! O cole no que vivo vai facer unha xornada de portas abertas para que, todo aquel que queira, poida ver de primeira man como somos e como traballamos () Teño que confesarvos que (palabra de avelaíña) non […]

via Xornada de portas abertas — FRIDAKALLAS


Onte foi o Día da Narración Oral e, as mestras bibliotecarias, pensaron que era unha boa oportunidade para a presentación do Kamishibai. Aínda que desta volta a actividade non puido ser na miña querida biblioteca (xa saberedes o por que), pois alá nos fomos todos para o ximnasio, que se está moi quentiño ! Kamishibai significa […]

via Día da Narración Oral #20M KAMISHIBAI — FRIDAKALLAS


O venres tivemos a segunda sesión do grupo de lectura Fridakallas. Lembramos algunhas cousas da cita anterior e comezamos a ler o libro de Mª Victoria Moreno e… Observando as primeiras reaccións, penso que foi unha boa elección. Houbo moitas gargalladas. Pero tamén tiveron momentos de seriedade, mirade, mirade… Parece que lles gusta, […]

via Leonardo e os fontaneiros — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”


Os rapaces estanse animando a coller os libros para ler na casa, porén fixen uns pasaportes lectores. Neles queda recollido o título do libro e tamén se lle pon un selo ou un adhesivo cada vez que levan e devolven os exemplares. Cando chegan aos 6 selos… Sorpresaaaaaa! Levan un pequeno premio. Son moi xenerosa? Botádelle […]

via Pasaportes lectores — FRIDAKALLAS


O xoves pasado comezamos coas actividades para conmemorar o Día de Rosalía De Castro. Nesta ocasión, xunto cós nosos compañeiros da Asociación Con Eles de Vilagarcía, cós que participamos nun Club de Lectura Fácil, fomos visitar a residencia da 3ª idade do pobo. Foi unha experiencia moi gratificante para todos. E por iso, imos repetir! […]

via Día de Rosalía #AbrideAFiestra — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”


Hoxe tiven a oportunidade de asistir a unha xornada formativa sobre a “Biblioteca inclusiva”. Foi un día no que enchín a cabeza de ideas para compartir, probar, facer… Primeiro de todo, Miguel Horta ilustrounos co seu coñecemento: Falounos da liberdade das bibliotecas, da necesidade de ir directos á comunidade para incluír, de saír da escola. […]

via BIBLIOTECA INCLUSIVA #binclusivagal — FRIDAKALLAS


Nesta semana celebramos as primeiras sesións do club de lectura Fridakallas. O xoves tocoulles ao grupo de prelectura. Estivemos traballando unha pequena copla tradicional sobre o Entroido, (un pouco adaptada): O Entroido imos festexar filloas e orellas comeremos a fartar. Moitos disfraces faremos, que ben o imos pasar. Os rapaces portáronse moi ben. Fiquei […]

a través de COMEZAMOS!!! — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”



A %d blogueros les gusta esto: