Archivo de la categoría: Educación Especial

O vindeiro venres 1 de xuño, xa non queda nada , acudirei á XI Xornada dos Clubs de Lectura. Reuniranse os coordinadores e coordinadoras dos clubs que se constituíron neste curso. Coma o noso! Nesta ocasión vaime tocar ir ata Santiago, e espero aprender moitas cousas novas. Mesas temáticas, obradoiros, comunicación de experiencias… Coido que vou […]

via XI Xornada dos Clubs de Lectura — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”

Anuncios

Titular: VISITA A CASTRO ALOBRE QUEN? Foron as aulas 7, 4, 2 e a 3 ONDE? En Vilagarcía CANDO? Luns 3 de abril COMO? Fomos andando POR QUE? Porque había pedras antigas O luns 3 de abril as as aulas 7, 4, 2 e 3 fomos andando para visitar o castro Alobre. Está en…

via Novas da aula sete: VISITA A CASTRO ALOBRE — AULASETE

O curso pasado fixemos un blog onde os rapaces tiñan que crear diferentes noticias cunhas pautas moi marcadas. Noutros casos, simplemente elexían unha foto e escribían un titular ou unha oración, palabra… Significativa para eles; cada un dentro das súas capacidades. Resultou moi motivador. Por iso espero que neste trimestre poidamos recuperar esa boa práctica. Non hai tempo para todo!