Archivo mensual: febrero 2018

O venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía no centro.Primeiro de todo, recitamos “Adiós ríos, adiós fontes”, despois tivemos a oportunidade de entrevistar a nosa propia “Rosalía” e tamén cantamos algúns dos seus máis afamados poemas coa pandeireta e a guitarra.Por último, seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua…

via DÍA DE ROSALÍA — garatuxa

Anuncios

O xoves pasado comezamos coas actividades para conmemorar o Día de Rosalía De Castro. Nesta ocasión, xunto cós nosos compañeiros da Asociación Con Eles de Vilagarcía, cós que participamos nun Club de Lectura Fácil, fomos visitar a residencia da 3ª idade do pobo. Foi unha experiencia moi gratificante para todos. E por iso, imos repetir! […]

via Día de Rosalía #AbrideAFiestra — CLUB DE LECTURA “FRIDAKALLAS”


Hoxe tiven a oportunidade de asistir a unha xornada formativa sobre a “Biblioteca inclusiva”. Foi un día no que enchín a cabeza de ideas para compartir, probar, facer… Primeiro de todo, Miguel Horta ilustrounos co seu coñecemento: Falounos da liberdade das bibliotecas, da necesidade de ir directos á comunidade para incluír, de saír da escola. […]

via BIBLIOTECA INCLUSIVA #binclusivagal — FRIDAKALLAS


Titular: VISITA A CASTRO ALOBRE QUEN? Foron as aulas 7, 4, 2 e a 3 ONDE? En Vilagarcía CANDO? Luns 3 de abril COMO? Fomos andando POR QUE? Porque había pedras antigas O luns 3 de abril as as aulas 7, 4, 2 e 3 fomos andando para visitar o castro Alobre. Está en…

via Novas da aula sete: VISITA A CASTRO ALOBRE — AULASETE

O curso pasado fixemos un blog onde os rapaces tiñan que crear diferentes noticias cunhas pautas moi marcadas. Noutros casos, simplemente elexían unha foto e escribían un titular ou unha oración, palabra… Significativa para eles; cada un dentro das súas capacidades. Resultou moi motivador. Por iso espero que neste trimestre poidamos recuperar esa boa práctica. Non hai tempo para todo!



A %d blogueros les gusta esto: